vendredi 10 octobre 2014

MODIANO IGNORADO, MODIANO DEVORADO

  Botei todo o día de hoxe sentindo unha alegría recóndita e alieníxena polo recoñecemento a unha persoa que non coñezo de nada, que nin sabe que existo nin lle ten que eu exista. Sentínme coma eses estúpidos seres abufandados que se bañan nas fontes cada xuño porque uns profesionais do fútbol foron os mellores nunha competición. Levo todo o día con ganas de telefonar a París para felicitar a Patrick Modiano polo seu Premio Nobel. É unha parvada, pero ese pulo tira por min. A segunda liña do meu pensamento de hoxe ocupeina en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,