
A cultura galega vive montada nun balancín: cando sobe Rosalía baixa Castelao e viceversa. Mantén un equilibrio de iconas paralizante. A programación cultural ten dous bandos: o bando de Rosalía e o bando de Castelao. Ambos os dous colaboran ás veces. Rosaliáns e castelaístas conflúen para que actos, congresos e embaixadas teñan como sustento ambas as iconas patrias.
Rosalía andou en múltiples danzas e procesións neste ano, e agora empeza a quenda de Castelao, unha figura sobredimensionada. Castelao...
[Lire la suite]