Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 octobre 2014

SOPA LIONESA

estampado lionés

Xermán Refojo publicaba esta mañá no seu Facebook unha imaxe de dúas mulleres facendo un estampado. Encantoume. Unha hora despois atopei a Refojo na froitería do Gadis. Pregunteille. "E un estampado lionés, colle o nome de Lyon", informoume antes de explicar que é unha técnica manual de estampado usada e que a fotografía era dos anos 40. Refojo é un sabio de procedementos artísticos. Aprendo cousas fascinantes escoitándoo. Os estampados fanse agora maioritariamente a máquina. A miña muller, Ana, e o meu fillo Antón levaron á práctica o método científico ensaiando a facer manteiga. O experimento saiu ben e agora Ana fainos manteiga na casa porque, seica, o xeito de elaboración é sinxelo e rápido. Préstame a manteiga doméstica porque ten un sabor fresco e directo: sabe máis a leite ca industrial. Calquera día me atreverei a dar un paso máis. Pedirei que a Ana que me cociñe unha sopa lionesa, que, con moitas outras en Francia, ten como sustento a manteiga. Mesmo concretarei o rogo animándoa a usar a súa manteiga artesá. O monarca polaco Estalisnao Lescinski, sogro de Luís XV de Francia, descubriu esa sopa en París, nunha fonda miserable. Tanto lle gustou que a popularizou na corte baixo o nome de sopa de cebola. O prato acabou sendo o pasaporte para deitarse cando se fora buscando a fin da noite a base de viño. Ese costume de consumila como culminación da esmorga fixo que o reprobador Alexandre Dumas escribise que a sopa lionesa era "moi querida polos cazadores, xente de mala vida e venerada polos borrachos".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité