Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 octobre 2014

OS BARRIOS PERIFÉRICOS

Doisneau

O Nobel e madrugada devolvéronme a Modiano.Pasaramos anos afastados. Outros libros metéronse entre nós, como cando vas pola rúa seguindo a un amigo ao que divisaches entre a multitude e non o dás alcanzado. Los bulevares periféricos é un libro de 1972 que publicou Alfaguara cinco anos máis tarde. Jorge Herralde explica por que Alfaguara deixou de publicar a Modiano, por que Modiano deixou de estar lexible en español, ata que o recuperou el para Anagrama: "En Madrid non len aos franceses; en Barcelona, si". Los bulevares periféricos establece unha metáfora sobre unha serie de sobrevivintes que gozan na periferia de París e que son periféricos á sociedade. Carentes de ocupacion, tratan de sobrevivir no lado salvaxe: un exlexionario que presume de nobre, un xornalista que explota o escarnio público de famosos, exestrelas de cabaret que se entregan como valor de cambio, un estafador e traficante,.. Pasan a fin de semana nun barrio periférico de Paris, Seine et Marne, unha zona de chalets, onde "algúns parisinos posúen casas de campo, pero xa non se lles ve, sen dúbida, á espera de que a situación se normalice". A situación é o remate da Ocupación alemá de París. Os personaxes da novela traizoan á súa sociedade e dan en pagar esa infidelidade. Non se trata deses lacazáns que buscan a relevancia social nas situacións extremas. En Ribadeo houbo unha cuadrilla de mediocres que aproveitou a Postguerra Civil para destacar socialmente empoleirándose sobre cadáveres esquerdistas. Pero os personaxes desta novela parecen non chegar a iso ou os seus crimes máis graves non se contan no libro, pero deben de telos cometido porque acaban fusilados. A miña sensación é que arrastran dúas décadas de "esa exasperación que se experimenta sempre aos vinte anos, a refoladas, cando non se sabe que destino dar á propia vida". E, no medio de toda esa marcha a ningures dos personaxes, Modiano chama polo seu pai ao que divisou entre a multitude, como en todos os seus libros: "Inclínome sobre eses desprazados, sobre eses marxinados para atopar, a través deles, a imaxe esvaradiza do meu pai". O protagonista atopa ao seu proxenitor tras dez anos sen verse, pero este non o recoñece. "Entre tantas incertidumes, os meus únicos puntos de referencia, o único terreo que non me fallaba eran as prazas e as beirarrúas desta cidade na que acabarei sen dúbida por atoparme só".

Photo: Robert Doisneau

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité