A serie Tintimán ten unha entrega nova: O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo. A novela comeza cando os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O Carneiro Alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial. Misterio, asasinatos e amor nunha nova aventura de Tintimán, esta vez na cidade de Lugo. O máis salientable do libro son as espectaculares ilustracións de Matalobos. Se queredes saber máis, Manuel Rodríguez Alonso tivo o valor de lela e a xenerosidade de escribir sobre ela no imperdible Bouvard e Pecuchet