Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 octobre 2014

TOC, TOC

Marcelo Montecino

O Cabalo Hans era coñecido nas feiras de Alemaña de principios do século XX. A sona que o engalanaba era ser sabio. O propietario de Hans paseaba o seu cabalo polas feiras exhibindo a capacidade da besta para facer operacións aritméticas, dicir a hora, facer cálculos no calendario ou diferenzar tons musicais. As exhibicións consistían en que o seu dono preguntáballe diante da multitude: «Se o oitavo día do mes é martes, cal será a data do venres seguinte?» ou «A raíz cadrada de 77 é...?» Hans colocábase diante dunha táboa apoiada no chan e patexaba nela ás veces precisas. Toc, toc. Raramente se equivocaba. O psicólogo Carl Stumpf descubriu que erraba se o domador ignoraba a resposta ou non estaba diante. Concluíu que era o propietario quen lle transmitía as respostas, inconscientemente, mediante a linguaxe corporal. O Listo Hans volveu para coarse entre nós coma O Listo Nicolás. Xantou en Ribadeo co propietario de Alsa, angustiou ao alcalde, mobilizou escoltas, fascinou á vila toda, inchou o ego da elite do partido que goberna España... Non precisou nin formación nin cartos. Nin que fose certo unha ínfima parte do que fantasiaba. Sitouse no medio da arañeira social e foise achegando a cada quen para dicirlle o que quería escoitar. Movía as oito patas para petar nas portas máis inalcanzables. Toc, toc.

Photo: Marcelo Montecino

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité