Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 octobre 2014

SAMUEL JUÁREZ FOI PREMIADO CUN OSTRACISMO MAIOR CA ÁNGEL CURRÁS

Kissinger

O delegado do Goberno español en Galicia, Samuel Juárez, foi desprazado como fomentador do comercio de produtos agrícolas na embaixada en Beixing. Non dubido sobre os seus coñecementos sobre agro, pero a súa capacidade para a xestión empresarial non consta. Apunto esa dúbida porque ata que o nomearon procónsul era un técnico desapercibido e non lle coñecía o perfil político. Certo que adoitaba gardalo para si, pero ás veces había algunha operación policial e o quitaba de paseo. Confundiu, case sempre que tivo oportunidade, a súa función institucional, que se limitou a ser discreta -en todos os sentidos desa palabra-, con ser un adiantado do Partido Popular do Reino de España na Gallaecia, con manifestacións máis axeitadas nos dirixentes do partido ca nun gobernador civil. Ao ler o nomeamento, lembrei esa escena de Jules et Jim de Truffaut na que Jules confesa que ambicionara ser diplomático, pero a súa familia carecía da fortuna e das relacións requeridas en París. Para Jules, ser diplomático era unha alternativa a ser "curioso", a súa vocación concreta. A Juárez non o perde -a milleiros de quilómetros- a curiosidade, senón máis ben o consolo de non ter ocupado un espazo nuclear de poder, o arrepentimento por non ter afiado máis o caíño político. O premio, envialo ao ostracismo oriental, non parece agasallo. Distinto é o nomeamento de Ángel Currás como responsable de Tragsa cumpre, en negativo, os dous requisitos que lle pedía antes a Samuel Juárez: nin presenta capacidade xestora, se o xulgamos polo seu traballo no Obradoiro, nin a súa cátedra de instituto en Biológicas semella currículo abondo para a encomenda. Será, logo, a fortuna, que non parece, ou serán, máis ben, as relacións de familia política, dado que os cargos públicos atenden, segundo a lenda da Dereita, a posuír as mellores capacidades, e, en atención á práctica xeralizada, a recibir os mellores premios por aceptar un cargo situado no Oriente Lonxano do núcleo de poder.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité