Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 octobre 2014

FOXAS SÉPTICAS

Litlle Italy in Baltimore

Non entendo que aos delincuentes de xesto amable, gravata con motivos de flor de lis e alquitara contable se lles chame chourizos. Os chourizos son carne mansa, inane. Podemos sentar na mesa ante uha fonte de chourizos sen medo a que se nos chanten. A única prevención é evitar que salpiquen. Os ladróns que viaxan discretos tras cristais tintados aseméllanse máis a coitelos. Ben situados, ben afiados, de apariencia pulcra. Pero, se desvías a atención, poden darche un corte. Cando aínda estamos pagando o veraneo que nos demos coa España de Zapatero, asistimos perplexos á imputación da España de Aznar. Baixo o goberno de Zapatero animáronos a empeñar os xoieiros da avoa, a borrar da nosa prudencia a lei do eterno retorno dos ciclos económicos, pero baixo o goberno de Aznar manou unha corrente soterrada na que a responsabilidade política conlevaba contrapartidas secretas e autoconcedidas. Con Aznar desapareceron os prazos: non había que agardar ao recoñemento público, había que compensarse a un mesmo tirando dos fondos de cocodrilos. Esa corrente seguiu fluíndo caudalosa co plácido Rajoy. Agora el teme ser salpicado. Mentres, a cidadanía asiste ao levantamento das foxas sépticas tan resignada coma o Rei Lear: «Asumamos nós o misterio das cousas».

Photo: Little Italy in Baltimore

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité