Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 novembre 2014

DETERMINACIÓN

Apollo 10 commander Tom Stafford pats the nose of a giant stuffed Snoopy prior to launch, 1969

Juan Tallón escribiu nun inverno desapracible que «as obsesións non se improvisan». As teimas nacen instantaneamente, dunha desesperación ou dunha ilusión, pero non poden experimentarse dun momento para outro: hai que darlles tempo para que collan dimensión. Case todas as fixacións acaban inertes coma un tamagotchi sen pilas porque as esquecemos. Pero hai teimas que solidifican coma o fillo que nunca concretaches se fora buscado ou asumido. Hai quen xustifica a súa obsesión disfrazándoa de determinación. Acontece nas persoas que se ven involucradas nun matrimonio insondable e nas que asinan esas hipotecas lonxevas que prolongan a vida económica despois da física. As obsesións firmes acadan un tamaño tan desmesurado que ocupan a casa e debes quitalas. Empuxan aos peregrinos a camiñar sobre goretex durante un mes de ampolas, de chuvias e deses cafés ao carón da cheminea cos que se ensaia un anuncio de Nescafé. Sinto respecto polos andantes que percorren o Camiño de Santiago por firmeza relixiosa; mesmo acepto que se cubra por un sólido amor pola natureza ou pola arte. Desconcértanme os peregrinos que se buscan a si mesmos. O movemento distrae. Para buscarse, hai que estar quieto coa fin de aburrirse ata que a obsesión que causa o tedio venza á teima orixinal.

Photo: Apollo 10 commander Tom Stafford pats the nose of a giant stuffed Snoopy prior to launch (1969)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité