Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 novembre 2014

O SÉCULO XIX VOLVE ÁS PISCINAS DE EUROPA

Simone_Segouin_the_18_year_old_French_R_sistance_fighter_1944_2_

Ao alcalde de Vitoria non lle gusta que haxa mulleres que se bañen nas piscinas públicas da cidade con veo. A min tampouco. Javier Maroto fixera outras declaracións nas que xeralizaba sobre o abuso dos inmigrantes cos servizos sociais municipais. Niso si que discrepo. Primeiro, polo inxusto da xeralización; segundo, porque non se pode censurar a ninguén por cubrir tratar de comer e durmir todos os días e todas as noites. Ante todo, debemos ser humanos con outros seres humanos. Asunto distinto é darse un baño nunha piscina, un pracer que excede o carácter de necesidade. Ao ser un espazo colectivo, os usuarios deben someterse ás mesmas normas xerais. Se houbese un número suficiente de persoas que pretende incumprir esas normas coas súas vestimentas podería pensarse en facer grupos ou lugares para que se bañen xuntas e afastadas, pero iso sería unha discriminación tanto para elas como para os demáis e un sometimento a un costume, o de cubrir o pelo, que semella máis unha orde masculina que a convición de raíz relixiosa da que se busca disfrazar. Alain Finkielkraut protesta no seu libro La identidad desdichada (Alianza Editorial, 2013) polo caso das rapazas musulmanas que cubren a cabeza coa súa crenza relixiosa. Un informe do Alto Consello para a Integración de Francia de febreiro de 2011 denunciaba "o rexeitamento ou a evitación de determinados contidos da ensinanza" por parte de estudantes musulmáns. Engadía que "as rapazas evitan as clases de xinmasia e de piscina para non verse mesturadas con rapaces". O texto sigue contando que en barrios pobres onde os alumnos musulmáns dependen dos comedores escolares para alimentarse de xeito minimamente san, nótanse as ausencias por motivos relixiosos "a pesar de que están previstos pratos alternativos". O século XIX aínda se baña nas nosas piscinas e pasa fame para evitar os nosos comedores porque non son estritamente halal. Finkielkraut contempla horrorizado no seu televisor a un manifestante musulmán reclamando que "a escola sexa un reflexo da sociedade tal e como é". Eu tamén estou horrorizado. Non, o labor da escola non consiste en ser un lugar para dar continuidade á ignorancia inxusta e discriminatoria da sociedade; ao contrario, debe ser un espazo para civilizar e equiparar os estudantes coa esperanza de que eles cambien para ben a sociedade. Finkielkraut sorpréndese de que haxa laicos de esquerdas defendendo iradamente unha postura tan liberal de dereitas como respectar a opción persoal de tapar o pelo cunha tea e negarse a bañarse con mozos nunha piscina. Eu tamén me sorprendo. Fundamentalmente porque entendo que esas tradicións medievalizantes lles veñen impostas ás mozas polos seus pais e asumidas polas súas nais, coma se tivese algo de naturalidade agochar a melena ou evitar a cercanía física co outro sexo cando non se leva veo nin moita roupa.

Photo: Simone Segouin, the 18 years old French Rèsistante fighter. París, 1944

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité