
Aurora non o daba crido cando viu a anciá co corpo enxoito e pálido oculto baixo teas negras que se presentara no ultramarinos dos seus pais. «Son a túa avoa, Auroriña», anunciouse con naturalidade e firmeza. A vella parecíase desconcertantemente á súa avoa, falaba galego coa dición mastigada da súa avoa; pero estaban no centro de Bos Aires e a súa avoa vivía nunha aldea de Maside, en Ourense.Aurora Bernárdez lembraba a a avoa dos catro anos, entre 1920 e 1924, que vivira cando nena en Galicia, entre Maside, Vigo e Lugo. Si, non...
[Lire la suite]