Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 novembre 2014

A BOCA DA NOITE

From the North Tower of the Golden Gate Bridge, San Francisco, 1947 by John Gutmann

Hai homes que nunca choran porque non saben. Os poucos que saben chorar, choran de noite; desorientados na escuridade universal da cama. Ximen discretamente de costas ás súas parellas, que durmen cunha pracidez estrana e inconsciente, abrigadas polo extremo máis radical do edredón. Os homes choran porque teñen medo. Saben que abaixo, segundo a cidade descende nunha abrupta caeira ata o Miño, hai unha gran boca abríndonse no negror. Desta beira do río, hai homes chorando na cama coma se descenderan dentro de si mesmos con lámpadas de espeleólogos para descubrirse atrapados na sima dos vampiros. Alí preguntan «inutilmente ao Corazón, ao Ceo e ao Inferno», como no poema de John Keats; ese no que se cuestiona «Por que río esta noite? Ninguén responde». Na escuridade dos seus dormitorios hai homes que choran porque intúen o mesmo que o poeta de Londres: «Beleza, poesía e fama son intensas; máis intensa é a morte». Saben que cada noite a ponte branca que atravesa o Miño abre unha inmensa boca. Ergue un queixo que emerxe baixo a lama cuns dentes longos e delgados para engulipar a cidade. Pero os homes que choran lembran de súpeto,por experiencia, que nacerá unha nova cidade ao amencer. Daquela, adormecen rezando a oración infantil, tamén de Keats: «Xa onda ti, suave é a noite».

Photo: From the North Tower of the Golden Gate Bridge. (San Francisco, 1947) by John Gutmann

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 534
Publicité