
Hai homes que nunca choran porque non saben. Os poucos que saben chorar, choran de noite; desorientados na escuridade universal da cama. Ximen discretamente de costas ás súas parellas, que durmen cunha pracidez estrana e inconsciente, abrigadas polo extremo máis radical do edredón. Os homes choran porque teñen medo. Saben que abaixo, segundo a cidade descende nunha abrupta caeira ata o Miño, hai unha gran boca abríndonse no negror. Desta beira do río, hai homes chorando na cama coma se descenderan dentro de si mesmos con lámpadas de...
[Lire la suite]