Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 novembre 2014

UN ABRAZO DE MAR

Muhammad Ali is measured for a suit in Savile Row, 1966 • Thomas Hoepker

As vellas fotografías respiran no pasado opaco, agardando en silencio humildemente a que alguén tire por elas cara á superficie clara do presente. Veño de atopar unha imaxe en branco e negro dun verán dos tempranos 70. Tres dos meus irmáns -Francis, Mikel e Itziar-, Jacobo Beltrán e máis eu posamos en dúas ringleiras na praia da Rapadoira, en Foz. Todos estamos en traxe de baño e relativamente morenos. Por tras de nós, está Xico, o socorrista. A súa figura, osezna e escura, cunha viseira branca de popeye desembarcado para sempre. Abrázanos a Francis e a min levemente agachado para equilibrar a súa estatura coa nosa. Aínda lembro o seu brazo pesado sobre os meus ombros corcovados pola timidez. A parte máis pesada cubre a clavícula que me tronzara nunha caída. Mancaba, pero os brazos do Xico rescataran ducias de bañistas ocasionais daqueles fumareus da morte que xiraban baixo o Prado de Ramos. A molestia era menor ca o orgullo de que me abrazase aquel ulises. Aínda hoxe, cando encaro un problema inseguro de dalo solucionado, boto de menos o brazo do Xico.

Photo: Muhammad Ali is measured for a suit in Savile Row (1966) Thomas Hoepker

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité