mardi 25 novembre 2014

UN ABRAZO DE MAR

As vellas fotografías respiran no pasado opaco, agardando en silencio humildemente a que alguén tire por elas cara á superficie clara do presente. Veño de atopar unha imaxe en branco e negro dun verán dos tempranos 70. Tres dos meus irmáns -Francis, Mikel e Itziar-, Jacobo Beltrán e máis eu posamos en dúas ringleiras na praia da Rapadoira, en Foz. Todos estamos en traxe de baño e relativamente morenos. Por tras de nós, está Xico, o socorrista. A súa figura, osezna e escura, cunha viseira branca de popeye desembarcado para sempre.... [Lire la suite]