
A muller atou a miña saúde a unha desas pulseira negras que contan os pasos. Encargoume 15.000 diarios. Cando saín da casa, contra as nove, para levar a Antón ao colexio o ceo amosaba un gris continuado e frío. O vento, un O-NO sopraba a 1 km/h, polo que temín que nada barrería as nubes e non veríamos o sol en todo a xornada. O día era cincento, tristoño. Descendín dende o outeiro sobre o que está a miña casa, na traseira do Gran Hotel, ata Augas Férreas. Descendín á antesala do averno da Seguridade Social para solicitar unha...
[Lire la suite]