
O paseo de hoxe foi vespertino. Canda a miña muller e canda Antón (+8), o que dei convencido para que nos acompañase porque lle permitín levar un balón de fútbol. Paramos na Praza do Campo para mirar unha tenda de queixos espectaculares, preciosos, e Antón regateaba a estatua de San Vicente e eu quitaba fotografías da Lúa empoleirada sobre a cidade e a miña imaxinación tarareaba There will never be another you poñendo a mesma voz afeminada e deliciosa de Chet Baker e todo, todo, pareceu perfecto por uns trinta segundos. Pero non fun...
[Lire la suite]