
ESTA SEMANA ASISTÍN a varios debates privados e economicistas sobre Retrato de la familia de Juan Carlos I, o cadro que Antonio López comezou candos os trens circulaban a 40 quilómetros por hora en Galicia. A velocidade media no transporte ferroviario galego sigue ralentizada e, inopinadamente, o artista entregou a obra. Vinte anos e 300.000 euros despois. Antonio López excusouse coma unha noiva que chega tarde á voda. Culpou ao vestido, ás fotografías e á cuñada: que se o vestido de doña Sofía, que se as imaxes de Chema...
[Lire la suite]