Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 décembre 2014

UNHA EXPIACIÓN, UNHA EXHORTACIÓN MORAL

Brassai

Unha norma elemental nunha entrevista é non permitir que o entrevistado cha guíe. Debes ser ti quen decida os temas que tratades e o xeito no que os tratades, mesmo se tes que ser impertinente e interromper o discurso. Nunca fago excepcións. Ben, si, exclúo da norma a Darío Xohán Cabana. Eu lanzo unha primeira cuestión, nada orixinal, algunha obviedade para colocar o estrado, e deixo que Darío improvise a lección maxistral. A clase de onte foi sobre Dante co gallo da súa segunda tradución de A divina comedia, con excursións a Bocaccio, Petrarca e a poesía occitana da altura. Darío comentoume que A divina comedia mana dun "axuste de contas", aínda que, pasado un tempo, o autor volveu sobre o texto e "decatouse de que tiña entre mans algo moi grande". Asumindo o que me contaba Darío, rendido á súa sabedoría, vexo nese poemario un auto de expiación persoal un arrepentimiento grave dunha mocidade frívola, por unha banda, e unha exhortación colectiva ao arrepentimento de intensa rixidez moral. Alighieri acepta que debe visitar o Inferno, pero impón a moitos outros, amigos e coñecidos, padecer esa curación ética xunto a el. Logo de rematar a nosa conversa, acordo de Brassäi. Onte andara buscando fotografías súas para ilustrar un espectáculo do Cabaret. Había tempo que non visitaba ao vello moucho húngaro emigrado a París. Aprendeu francés lendo a Proust, e tamén pedindo viño de contrabando, falando con prostitutas e negociando cos seus chulos. Eu, coma non coñezo meretriz ningunha, trato de habilitarme no inglés lendo The end of times de Slavoj Zizek. Brassäi saía cada noite polos rueiros de Montparnasse e Saint Germain, cruzaba a ponte da Alma atravesando o fluído da brétema, para achegarse a Montmatre detendo a súa andaina despaciosa para beber e conversar con Miller, Picasso, Sartre ou Cocteau. Brassai inventou as imaxes da luz artificial co filtro da néboa. A noite, que se me estaricou porque Darío Villanueva empoleirouse como presidente da Española, permitiume recuncar unha e outra volta en Lúas de outubro e agosto, o novo disco da nova Guadi Galego. Nunca fun de Berrogüetto, fun algo de Guadi con Guillerme Fernández e bastante máis de Guadi con Abe Rábade e Ugía Pedreira, pero son moito desta Guadi Galego, tan peculiar e equilibradamente asentada entre o pop e a tradición.

Photo: Brassai

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité