Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 décembre 2014

AS MIL FORMAS DE BARREIRO RIVAS

André Kértész Trappist Cloister Soligny-Sur-Orne 1928

Xosé Luís Barreiro Rivas fixo hoxe unha auditoría ao galego nun artigo. Afirma, con razón, que "el gallego no se pierde por culpa de los poderes públicos, sino por la creciente deserción de una sociedad que no siente el deber de hablarlo ni necesita la identidad que la lengua le proporciona". Ese apuntamento tan lóxico desemboca na temeridade: "La gente pasa de todo (sic) porque piensa que su idioma ya no es suyo, sino de una casta intelectual que tiene mil formas y motivos de aprovecharse de él". Aínda que como razoamento é orixinal, non imaxino o primeiro galegofalante dirixíndose ao fillo en español porque un lóstrego lle acorde a casta intelectual. Como a primeira idea do artigo non debería xerar como conclusión a segunda, percibo que Barreiro Rivas non desenvolveu esa columna porque lle importe o idioma máis da carga de conciencia nun intelectual (el tamén) que expresa as ideas noutra lingua. Atriburíao á queixa por unha percepción de sentirse abandonado por parte das elites culturais. Debería cesar, todos deberíamos cesar, neste debate sobre o futuro da lingua e deixar morrer o galego en paz.

Photo: Trappist cloister Soligny-Sur-Orne 1928 André Kértész

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité