A dereita francesa escoita argumentariamente a Eric Zemmour, o xornalista que traballa en Le Figaro. Zemmour, o galo entre galos, como adoita acontecer è fillo da chegada: è xudeo de orixe alxeriana e està casado cunha xudea de orixe marroquiana. Enche salas de conferencias e vende como para unha voda con O primeiro sexo, contra a femenizacion da sociedade, e agora con O suicidio frances, no que pon a feder o europeismo e o liberalismo. O republicanismo perde terreo contra a involucion en Francia e os islamistas das AK47 matan en axuda do inimigo. Zemmour ten un xeito fondo e culto de exponher ideas que eu combatiria dialecticamente. Lembrame ao Allan Bloom de O peche da mente estadounidense; igual de cinico, igual de cativador. Bloom limitouse a retorcer o neoplatonismo de Leo Strauss para controlar o goberno de George Bush a base de ex alumnos. Zemmour està a anos luz en canto a ser o seu discurso màis elemental e en canto a influencia politica. Andei reflexionando sobre se xurdirà un Zemmour en Galicia, un defensor do peche da mente galega para tratar de retrasar ese destino de que o pais acabe disolto na identidade espanhola. O ùnico politico coa formacion intelectual brillante que se precisa para esa xeira, e coa oratoria de apariencia culta e forma comprensible por colectivos que temos é Beiras, un reformista de biblioteca e salòn que empezou xa unha longa e vagarenta despedida.

Photo: French resistance in Paris, August 1944.

N. do A.: Volvo escribir cun teclado italiano. Desculpen.