mardi 13 janvier 2015

TODO O TEMPO

A primeira vez que me cadrou atravesar un control de estrada da Garda Civil canda a miña muller foi na Terra Chá, ese ambito no que Galicia semella unha Castela bonita, verde e amable de vida. Cando o rapaz de verde me devolveu o carnet de conducir reemprendín a marcha. A miña muller estranouse: "Por que tardou todo este tempo?" Non fora tanto tempo. "Cando me paran sempre tardan todo este tempo". Cando len na documentación que nacín en Bilbao e me apelido Jaureguizar chaman pola radio. Entendo que non se acordan nese xusto momento... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:40 - Commentaires [0] - Permalien [#]