Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 janvier 2015

A FALSA (FALSA) BANDEIRA NO CHARLIE HEBDO

CiA

O paso dos días tras a masacre do Charlie Hebdo está volvendo os asuntos aos arquivadores asignados. Por unha banda, aparece un cómico líder de Al Qaeda para sermonearnos rodeado de símbolos de modernidade para que esquezamos o atávico dese discurso no que se permite metaforizar como Batalla Sagrada de París o asasinato sen piedade de doce persoas. Por outra, rexurde a esquerda das alucinacións que considera que o crime é unha operación de falsa bandeira da CIA. Perciben o servizo secreto de Estados Unidos coma un ente suprahumano capaz das operacións máis audaces e inimaxinables para a mente humana. Levaba un tempo botando en falla eses delirios. Supoño que os seus doentes andaban silenciosose apoucados pola grandiocuencia coa que a dereita lles arrebatara esa capacidade para fantasear con operacións complexas de axencias de intelixencia que camuflan coma torpes arrebatos de fanáticos. Niso andou Pedro J. Ramírez invertindo o principio do periodismo de que primeiro se investigan os feitos e despois, soamente despois, se trata de organizalos arredor dun relato coherente. O director de El Mundo formulou a súa tese teimuda de que ETA asasinara a 192 persoas en connivencia co PSOE para gañar as eleccións xerais e despois, soamente despois, foi acoplando os feitos ao seu argumentario. Ramírez conseguira unha vez facer a colosal tarefa de deitar a un goberno dende un xornal cun traballo impecable sobre os GAL, exhibindo o seu inmenso talento xornalístico, e tratou de termar dun goberno do PP cunha chafallada. Había elementos para a sospeita? Habería. Sempre se atopan cabos soltos se un repasa unha por unha as cordas que amarran un feito violento. O mesmo acontece co atentado contra os humoristas. Hai actitudes dos asasinos que non casan coas habituais nos criminais islámicos. É? Cal é o problema? Coñecemos o grado de coñecemento do Manual do Bo Terrorista Islámico que acadaran os tres criminais? Quero expresar: o feito de que non se comportasen segundo os hábitos agardables nuns asasinos do EI traslada a responsabilidade ao outro extremo? Conduce ao cuartel xeral da CIA?

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité