Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 janvier 2015

A COLLEITA DE TRES MIL CLIMAS

richard-nixon-beer

A miña muller comprou unha caixa de mazás para Antón. A caixa é oblonga. Oblonga é unha palabra que soa africana e que se deixou o seu sabor xeométrico no devir da fala cotiá. A caixa, explico, é alongada como unha barra de xeo, pero estreita e baixa. Contén sete tipos de mazás: Royal Gala, Golden, Stayman, Granny, Red, Fuji e Braeburn. Michael Hamburguer, o poeta, coleccionaba especies de mazairas. A súa poesía é a "colleita de tres mil climas". Lumen recompilouna en La vida y el arte. O título mesmo describe a continuidade que Hamburger establecía entre a vida e a arte e entre a arte e a vida. "Canto máis inhumano é o entorno que nos rodea, maior necesidade de anacronismos temos", escribiu unha mañá cruel. Parecía describir o café para todos que vén de rodar a cúpula do Partido Popular español. A promo semella bastante inhumana, como corresponde a estes gobernantes anacrónicos que ten España. Semellan xurdidos pola porta de atrás dun burato de verme. Resistínme a miralo enteiro, pero mirei algún lampexo con Rajoy, Cospedal, Floriano e outros presuntos beneficiarios da arte contable falando de naturalidade política. O spot responde máis á teoría que desenvolve Oscar Wilde en La decandencia de la mentira (Acantilado), un ensaio disfrazado de obra teatral no que se escandaliza de que os norteamericanos teñan por presidente a George Washington, "un político que se confesa incapaz de contar unha mentira".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 426
Publicité