Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 janvier 2015

ACONTECIMENTO

Brassai habitación

OS RAPACES da Costa non entedíamos a ilusión de coñecer o mar, pero éramos capares de suspender a liga de fútbol dos barrios se adiviñabamos a promesa dunha folerpa detrás dun baixón de temperaturas. A miña nai decidía nos días fríos que toda precipitación era «auga neve». Podía botar toda a mañá repetindo «auga neve» en diferentes situacións. O meu pai, atento á ilusión que prendía en nós cada vez que uns centímetros cadrados de cor branca se conservaban no xardín, quitaba o 124 marrón do garaxe para subirnos ata Os Oscos. Quería brindarnos un trato directo coa neve. Ao chegar, sabíamos de memoria o comportamento que se esperaba de nós. Aprendéramos a mecánica infantil na televisión, con películas coma Que belo é vivir! Pero nunca practicáramos a teoría. Tratábase de apañar neve coas mans para darlle forma e solidez de bóla de billar branca e de lanzala contra un rival aleatorio. Na televisión nunca nos informaran de que, cando entraban en calor, as mans ardían ata o sufrimento. Os guionistas non pensan nos neófitos que nunca estivéramos no Cebreiro. Cando chegaba o verán, volvíamos á rutina da praia. Era normal que nos burlásemos da timidez e da indecisión coa que os rapaces das montañas nevadas ían adentrándose no Cantábrico. Facíanos chiste a súa inmersión na nosa rutina. Ignorantes de nós.

Ohoto : Brassai

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité