Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 janvier 2015

A HONESTIDADE ASUSTA, IMAXINO

James Joyce, South of France, 1922

A miña exploración de Máscaras rotas para Sebastián Nell de Alberto Ramos continuó esta mañá lendo canda principio da madrugada. Sebastian Nell, o actor protagonista, reflexiona sobre un xornalista de Cultura que "era tan profesional que se negaba a manter amizades profundas coas persoas deste gremio (teatral) porque eramos a súa materia prima. (...) Infundía respecto. A honestidade asusta, imaxino. El era honesto en cada palabra que escribía e en cada pregunta que lanzaba. Por iso gozaba de poucos amigos en xeral e moitos menos no ámbito escénico". Non sei se debería engadir algo. Non o vou facer, soamente quero que os axentes culturais cos que me relaciono todos os días lean esta explicación a un xeito de entender o periodismo que comparto.Eu aprendino de Marcel Reich-Ranicki, que nunca comentaba libros dos seus amigos escritores. Antes, lera o consello de Gertrude Stein a Ernest Hemingway: "Escribe sempre a frase máis verdadeira".

Photo: James Joyce. South of France. 1922

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité