Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 janvier 2015

OS DIARIOS DO BALONCESTO

basketball-court

Eu lanzaba unha Spalding á canastra no campo de baloncesto que había a vinte metros da miña casa. As dimensións daquela cancha eran indeterminadas: cativeiras para un campo regulamentario, pero excexivas para un de minibasket. Era setembro e era sol aínda. Eu andaba suando uns 18 anos moi novos, soamente tiñan quince días. Lera que Petrovic adestraba dúas horas máis que os compañeiros e eu ía a ser Petrovic. Tiraba unha e outra vez á cesta, en series luteranas dende diferentes posicións. Daquela tiña un single de Jim Carroll, quen contou a súa miseria en Basketball diaries, que deu a materia para a película. Era 1983 e era o meu pai preguntándome se xa tiña algunha idea da carreira que había de estudar. Eu confeseille que non tiña interese ningún en memorizar libros, soamente en lelos. O meu pai chasqueou a lingua. Deberia reñerme e non podía. El entendía o proceso lector coma unha totalidade: se empezaba un libro non podía deixar que llo esmagase o sono a media madrugada. Eu xa sabía que a resposta que lle dera non era a correcta porque a ruleta do nacemento me situara nunha familia de clase media e de paso inexcusable pola universidade. Por iso, tomei a miña marcha a Santiago coma unha misión diplomática que trataría de manter a flote dous séculos de dignidade intelectual do apelido. A estadía en Compostela non despexou a miña confusión, unha perplexidade densa coma a de Jim Carrol. Daquela non coñecía La decadencia de la mentira (Acantilado), outra das xenialidades de Oscar Wilde, pero xa sabía que quería ser un daqueles rapaces que «despois de ler as aventuras de Jack Sheppard ou Dick Turpin saquean os postos das pobres froiteiras, asaltan as confitarías pola noite e asustan aos cabaleiros que regresan ás súas casas saíndolles ao paso con antifaces e revólveres descargados».

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité