piccit_water_calligraphy_in_chengdu_1038925347

Gustaríame ver os Cadernos Rubio de Feijoo. Imaxino uns álbums pulcros. O presidente nunca escribiu un reglón fóra da guía; agás a marcialada. A fotografía a bordo dunha fortuna allea responde a un deslumbramento, a unha visión estática do luxo por parte dun rapaz dos Peares, dun Balbino, dun ninguén como quen di. Foi un erro, un deslubramento. Feijoo non tardou en descubrir que as súas capacidades lle eran abondas para chegar ao centro da gravidade do poder. Dende aquela, son contadas as veces nas que non trazou os caracteres con precisión, sempre vai pola liña. Esa conduta habitual en Feijoo tivo onte unha excepción que me estranou: "Que Bárcenas explique por que ten tantos cartos, de onde o quitou e por queo tiña fóra de España". Ao primeiro pensei que era unha petición temeraria. Estaba arricándose a que Bárcenas contestase coa soberbia sincera, pero logo reparei en que podía ser unha manobra estratéxica con moito fondo. A proclama delimitaba o problema ao excontable do PP, pero tamén cercaba os que traballaban con el; é dicir, ataba os cargos de Génova á sorte de Bárcenas. Se cae a peza que serve de centro para as investigacións xudiciais, caerán todas deixando o solar libre para unha nova edificación.