
ALGÚNS AMIGOS saen correr. Ignoran que a especie humana permitiuse deixar de facelo logo de atopar profesións máis honestas que disparar frechas contra animais despistados. Pero os amigos están dispostos a facerlle un feo a Darwin. Cando falo con eles da súa actividade cinética compoñen un xesto esotérico. Confésanme que, na carreira, estoupa unha bolsiña de felicidade no cerebro. Imaxino as endorfinas voando coma o confeti do Gran Gatsby. Coñezo ben aos meus amigos; por iso, gardo máis fe a Norman Mailer, con quen soamente me...
[Lire la suite]