lundi 2 février 2015

O PAIS QUE SE QUENTOU NUNHA MESA DE BRASEIRO

HAI UNHA ESCENA da novela Ravelstein (Teorema) de Saul Bellow que comeza nun apartamento de Nova York tan cativo coma luxoso. Na sala de estar o profesor de Filosofía Ravelstein (trasunto de Allan Bloom) e varios dos alumnos seus que máis brillan miran un partido de baloncesto. Michael Jordan executa saltos dunha altura e unha lonxitude que soamente lograra Nureyev para atravesar o escenario do Bolshoi. Allan Bloom comenta fascinado a estatura do mito do baloncesto porque «os nenos recollen mesmo restos das mazás nas que... [Lire la suite]