Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 février 2015

A ENTROPÍA DA OPOSICIÓN GALEGA

rocket

Feijoo mitineaba onte en Lugo que a alternativa ao PP "é un  gran burato negro", aínda que logo veu expresar que non era un baleiro compacto de antimateria, senón máis ben "unha sopa de letras e mareas". O afinador do discurso do presidente debería ter lido algo sobre buratos negros alén de mirar La teoría del todo, donde se resume a vida de Stephen Hawking en amoríos, desgrazas, crueldades e tres minutos de sona para Penrose. Mesmo me atrevo a recomendarlle ao afinador o libro Desde la eternidad hasta hoy (Debate), de Sean Carroll, onde trato de informarme do asunto. Pode ser, non o nego, que o afinador se refira ao plasma de quarks e gluóns que busca o LHC de Xenebra cando fala de "sopa de letras e mareas". Con todo, se me permite o presidente, quixera matizarlle o discurso. O Partido Popular non ten enfronte un burato negro, porque non ten gran densidade; ao contrario, é unha constelación cunha ducia de estrelas caracterizada por unha tendencia elevada e veloz á entropía, é dicir, a disgregarse e a ceder enerxía. Pese a que o progresismo galego organizado tende ao caos, teño unha leve e pode que ilusa esperanza en Somos Nós, o bosón de Higgs nacional, a partícula coa que Anxo Quintana pretende dar masa ás tendencias diverxentes do galeguismo. Estes movementos sociais con intencionalidade política que tratan de artellar as letras e as mareas lémbranme, positivamente, un colectivo de elevada eficacia coma Òmnium Cultural e a inspiración reintegradora de Piñeiro. O malo é que, coma sempre en Galicia, falamos de referentes dos anos 60. Pero, ben, nunca é tarde se Somos Nós serve como rede cohesionadora e galeguizadora.

Publicité
Publicité
Commentaires
R
"O progresismo galego organizado tende ao caos". Claváchelo. Non se pode dicir mellor con menos palabras.
Répondre
J
;-)
Répondre
C
Fantástico artículo, buen trabajo.
Répondre
J
Cando o estaba escribindo sabía que me metía nun lameiro porque sei pouquísimo de Física. Agradezo a corrección e, co seu permiso, vouna facer no texto. Apertas
Répondre
I
O de Xenebra é LHC, polo demais parabéns polo artigo!
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité