Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 mars 2015

OS FILLOS QUE CHEGARÁN A BISPOS

Audrey Hepburn and her mother at the 1954 Oscars

Os políticos cren na democracia. Son sinceros cando aseguran que todos debemos votar para designar os nosos gobernos. Hai un momento en que cambian o punto de vista e perciben a democracia como un instrumento perturbador e propiciador do caos. Cadra con ese día no que pasan de ser políticos a gobernantes. Os gobernantes rexeitan a xornada electoral dun xeito interior e silencioso porque non poden expresar o pánico a regresar á condición de políticos. O xoves representouse en Lugo unha obra de teatro horriblemente regresiva: Pluto de Aristófanes. Emilio Hernández e Javier Gurruchaga transfomaron intelixentemente nun musical con sons norteamericanos do século XX. A mensaxe queda inalterada: os pobres, que forman a maioría do pobo, protestan porque os gobernantes elexidos por votación non deixan caer o primeiro dos seus privilexios. Non digo que esa comedia fose regresiva porque teña uns 2.400 anos, senón polo seu propio contido. Aristófanes era un gardán do Partido Aristocratico, un platónico ao que nada gustaba a democracia. Non o ocultaba. Lonxe de facer esa lectura, Gurruchaga teimou en establecer un paralelismo coa situación actual no sur de Europa, tratando de facer ver que Aristófanes era unha sorte de Pablo Iglesias avant la lettre. Pablo Iglesias non deixa de ser un político que aspira a metamorfosearse en gobernante. A elite de profesores universitarios que pretende substituír á elite político-económica actual non me desacouga porque ese cambio de privilexiados é a sinopse da Historia da Humanidade. Mesmo é positivo que, de cando en vez, varíen os privilexiados. Preocúpame ler que un galego como Breogán Riobóo se presente como voceiro de Podemos en Galicia soltando que "la prioridad es educación, sanidad o pagar la luz; no la forma de estado o el gallego". Non lle vou rebaixar a Riobóo a educación ou a sanidade, e menos o subministro de electricidade. Riobóo límitase a repetir o que lle sentiu a Carolina Bescansa cando lle preguntaron por Galicia: "La gente sabe muy bien lo que somos y no se levanta por la mañana preguntándoselo. Se pregunta si va a poder poner la calefacción o no va a poder pagar la factura". Ao cabo, aínda estou esperando lerlle ao representante galego de Podemos unha idea un leve desmarque de Madrid, un comentario que non soe a franquicia, unha chiscadela a este país. Mesmo acéptolle que o debate sobre a forma de Estado pode agardar un tempo razoable, pero que non inclúa o galego entre as prioridades faime pensar que, cando acorde do noso idioma, estará onda o arameo ou o maia, ambientando as películas de Mel Gibson. Teño a sospeita de que Podemos confía o galego ao futuro co interese con que Bernard Beham agradeceu os coidados á monxa que o atendeu nos últimos dias: "Espero que os seus fillos cheguen a bispos".

Photo: Audrey Hepburn and her mother at the 1954 Oscars.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité