Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 mars 2015

UN XANTAR HIPOTÉTICO CON MANUEL DE LORENZO

10evil

A cita consistía en xantar con Manuel de Lorenzo o sábado. Manuel de Lorenzo e máis eu soamente, pero eu leveime a Antón (+8) porque estaba desparellado de nai e irmá. Manuel ten un costume ourensán -inventado polo ciceronián Baltar de Senectute- consistente en comer o primeiro prato cunha xente, e o segundo, con outra, polo que le fixen unha encerrona. Conducíno ao Papéame, un lugar afastado de Lugo, no que as hamburguesas son de tamaño Bilbao. Pretendía bloquearlle todo punto de fuga para poder sometelo a unhas consideracións sobre O Espírito da Escaleira (L'Esprit de l'ecalier) sobre o que escribín para El Progreso e Diario de Pontevedra. Cando sentamos na mesa, observei que a Antón lle interesa a física cuántica; comenteino con desgana, como cando pagas dez euros por acceder a un museo de ciencia. Manuel abriu os ollos, abriu as mans, remangouse, pediu bolígrafo e papel, luz e taquígrafos. Logo vino a el e máis ao meu cativo empezando a camiñar por un bosque mesto de protóns e neutróns, non sen paradas en bolsóns e fermións. O esforzo de ignorarme durante dúas horas foilles livián coma un neutrón. Mirei para a barra con ollos de habitual que ve como collen a derradeira tapa de cociña, buscando un cachiño de conversa no que rillar. Había diálogo a eito; un diálogo bravo e animado, pero contiña fútbol todo el. Mandei, exasperado, un wathsapp a Juan Tallón, esperanzado en que el non coñecese o Espírito da Escaleira, do que eu sabía en Valéry. Pero Tallón xa o citara procedente de Rousseau en El váter de Onetti e mandou proba gráfica e desafiante, aínda que dei salvados os mobles de Ikea cunha busca rápida na Wikipedia, que remite a Diderot coma formulador. No medio dese statu quo inalterado, por sorpresa, o licor café de Manuel de Lourenzo derramouse pola mesa coma o Mar Morto afogou o exército do faraón. Foi un xesto cuántico, inesperado, pero non consecuencia da exposición científica. Aproveiteino para suxerir de rematar con aquel xantar hipotético que unicamente existiu no meu ánimo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité