Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 mars 2015

BLA BLA BLA

PEIXES

OS GREGOS DA antiguedade chamaban bárbaros os que non falaban o seu idioma. As linguas alleas soábanlles coma moreas de sons sen orde. Bar, bar, bar; escoitaban a aqueles seres toscos. Bla, bla, bla; diríamos agora. Da onomatopea bar saíu bárbaro. Ningunha lingua é barbarie. Os idiomas artellan as ideas. Dende hai milenios, a barbarie tamén é comunicada con linguas. Cada época ten os seus bárbaros. Os nosos salvaxes descobriron que a palabra vale mil veces menos do que vale a imaxe.  O Estado Islámico ten un xeito actualísimo de comunicar o seu primitivismo. Sabe que en Occidente non nos impresionaría ler como lanzan homosexuais ao baleiro, degolan cristiáns ou descabezan xornalistas, pero sabe que se nos vai minguar o corazón coma unha esponxa apreixada se nolo remiten nun vídeo. Pese a todo, «o sangue seca rápido», como estimaba De Gaulle cando sentaba a negociar. Por iso os extremistas islámicos buscan novas modalidades de destrución irreparable para desacougarnos. Comezaron a relacionarse cos elementos máis antigos da civilización con maquinaria pesada. Deberíamos falar cos bárbaros, pero temo que eles nos escoiten: «Bar, bar, bar».

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 534
Publicité