Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 mars 2015

PARIS

Nathalie #Pascaud on the set of Jacques #Tati’s Mr

OS EMIGRANTES do tardofranquismo regresaban á casa cun éxito colgando do pico. Nunca fracasaban. Ou disfrazaban a miseria de coches longos e aparellos marabillosos. Un tío meu estivo traballando en París para Ciba-Geygy. Volveu cun baúl cheo de postais da torre Eiffel, medias de seda que lle devolveu unha noiva danesa e un pelador automático de patacas. Polas noites pechábase no seu cuarto para escoitar a Edith Piaf en Radio France International. A súa morriña parisina soaba a xemido a través da porta. Ignoro se as cegoñas senten tamén nostalxia de París agora que xa non viaxan. Hai amigos de Sarria, O Páramo e O Corgo, onde está a maior concentración de Galicia, que din que se asentaron na preguiza. Seica perderon a concesión do transporte de bebés. Todo o que conservan en París son nostalxias que se desfán coma o papel das cartas coas que as nais de emigrados secaban as bágoas. Os ornitólogos matizan que as cegoñas máis vellas renunciaron ao ir e vir, pero que as novas seguen marchando no solpor do verán coma calquera emigrante. As cegoñas que nunca emigraron non poden falar dos tellados de París, das vistas que gozan as gárgolas de Notre Dame ou do frescor primaveral das gabarras no Sena. Aínda me parece escoitar ao meu tío cantaruxando en francés «non me arrepinto de nada» sobre a voz de Edith Piaf.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité