Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 mars 2015

AZAR TRAZA

A bookstore in 1970's Harlem

A cantidade desmesurada de libros que prometen ayudarnos a cambiar as nosas vidas se os seguimos ao pé da súa letra escrita faime pensar dúas cousas: hai lexións de infelices e ningún deses tratados contén unha solución determinante. Cambiar a nosa vida é sinxelo. Abonda con saír da casa pola mañá na dirección oposta á habitual. Se un sae cara á dereita, debería probar coa esquerda; se a esquerda é o camiño habitual, chega con que comece a andar co pé destro. Esa decisión elemental marcará que pasemos unha xornada semellante, pero non igual, á que teríamos pasado. Nese novo camiño atoparíamos outros escaparates e outras personas cos que manter conversas distintas que poderían influír nas decisións que tomasemos para o futuro. Os físicos non falan de paseos. Reducen a variación á traxectoria dun átomo. Se un átomo xira noutra dirección, o cosmos cambia. Especulan coa posibilidade de que exista un universo simétrico e paralelo. As simetrías achégannos un confort, parécenos que o mundo estaría completo sen seres parecidos a nós. O amor é unha simetría. A nosa parella complétanos nun mundo ideal. Atopala fainos sentir protagonistas do palíndromo que fala do imprevisible da felicidade, de que o Azar trazA destinos.

Photo: A bookstore in 1970's Harlem.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité