vendredi 20 mars 2015

O FAGOT GALEGO DE ISAAC NEWTON

    TEMO QUE comprenderei a física subatómica antes que o trato que lles damos aos científicos en Galicia. Entendo que é más visible e agradecido para un político de paso polo goberno investir en dez refuxios para peregrinos que en recuperar para o país un científico coma Diego Martínez.A fotografía do investigador co conselleiro de Economía, Francisco Conde, e máis o rector da USC, Juan Viaño, confundiume un tanto, pero acabei por saber que o mellor físico novo de Europa no ano pasado, houbo de apañarse unha... [Lire la suite]

vendredi 20 mars 2015

AZAR TRAZA

A cantidade desmesurada de libros que prometen ayudarnos a cambiar as nosas vidas se os seguimos ao pé da súa letra escrita faime pensar dúas cousas: hai lexións de infelices e ningún deses tratados contén unha solución determinante. Cambiar a nosa vida é sinxelo. Abonda con saír da casa pola mañá na dirección oposta á habitual. Se un sae cara á dereita, debería probar coa esquerda; se a esquerda é o camiño habitual, chega con que comece a andar co pé destro. Esa decisión elemental marcará que pasemos unha xornada semellante, pero... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]