jeudi 26 mars 2015

PARIS

OS EMIGRANTES do tardofranquismo regresaban á casa cun éxito colgando do pico. Nunca fracasaban. Ou disfrazaban a miseria de coches longos e aparellos marabillosos. Un tío meu estivo traballando en París para Ciba-Geygy. Volveu cun baúl cheo de postais da torre Eiffel, medias de seda que lle devolveu unha noiva danesa e un pelador automático de patacas. Polas noites pechábase no seu cuarto para escoitar a Edith Piaf en Radio France International. A súa morriña parisina soaba a xemido a través da porta. Ignoro se as cegoñas senten... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :