Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 mars 2015

ASCENSOR AO CADARSO

Inmates playing chess from prison

Cando xogo ao xadrez poño de fío musical, baixiño, o disco Ascenseur pour l'echafaud, que Miles Davis gravou nunha noite insonme de decembro en París mentres se reanimaba coas copas que lle ía achegando Jeanne Moureau. A tradución do título sería Ascensor ao cadarso, pero o meu rival de xadrez non sabe francés e, como consecuencia, non apreza esa ironía sobre o meu escaso nivel. Soamente teño un rival: o meu fillo Antón. Non me atrevo a xogar con ningún outro. De feito, Antón e, sobre todo, a súa resistencia a practicar contra a súa tablet fixeron de min un xadrecista improvisado. Ascensor ao cadarso procede da asunción de que o meu pícaro me gaña en nove de cada dez oportunidades, como se fosen dentistas recomendando un dentífrico. A Antón préstalle o xadrez tanto como derrotarme; ben, pode que mesmo lle guste máis. Por iso, acollín con ilusión o anuncio da Xunta de que o xadrez estaría nas aulas, para que todos os nenos galegos se beneficiasen dunha ringleira de beneficios que non lles vou repetir a vostedes, señores clientes. A proposta concreta que desenvolveu Román Rodriguez no Parlamento foi o que me preocupou. Veu dicir que proporían o xadrez como materia optativa con outra ducia de materias optativas, e, aínda máis decepcionante, que a materia optativa existiría en tanto o centro non decidise reconducir ese tempo para unha asignatura obrigatoria. O enfado duroume todo un día e boa parte de onte, ata que lin a Pablo Castro, profesor de Antón, contándolle a Paco Rivera en El Progreso que estaba formando en xadrez a vinte profesores de Lugo, algo que tamén se facía noutras provincias. E agora non sei se debo ilusionarme por esta luzada que entrou en San Caetano ou seguir lamentando tanto conservadurismo educativo, tanta memorización de datas e tanta volta sobre o mesmo muíño pedagóxico. Como dixo o presidente da Federación Inglesa de Xadrez Dominic Lawson "nada excita máis a Grandes Mestres aburridos ca unha novidade teórica".  

Photo: Inmates playing chess from prison cells, Attica Correction Facility, New York. 1972.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité