lundi 30 mars 2015

ASCENSOR AO CADARSO

Cando xogo ao xadrez poño de fío musical, baixiño, o disco Ascenseur pour l'echafaud, que Miles Davis gravou nunha noite insonme de decembro en París mentres se reanimaba coas copas que lle ía achegando Jeanne Moureau. A tradución do título sería Ascensor ao cadarso, pero o meu rival de xadrez non sabe francés e, como consecuencia, non apreza esa ironía sobre o meu escaso nivel. Soamente teño un rival: o meu fillo Antón. Non me atrevo a xogar con ningún outro. De feito, Antón e, sobre todo, a súa resistencia a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,