brassai

Estaba imaxinando a conversa que manterían o home e o cativo. Algo banal, temín. Pero polo movemento das carapuchas interpretei que o señor comentaba algo sobre o deserto de Arizona como espazo de renovación espiritual. Bob Dylan recibiu en 1978 as peores críticas de toda a súa carreira. Nun concerto dese ano no que estaba tocando con 40 grados de febre, alguén lle lanzou un cruficixo de prata ao escenario. Colleuno con escepticismo e gardouno no peto. Esa noite paseaba o insomnio por unha habitación dun hotel de Tucson, Arizona, tratando de encontrar un xeito de revertir a depresión na que caera a súa música. Estaba tan perdido que botou man da cruz. «Nese momento apareceu unha presenza na habitación que non podía ser outra ca de Xesuscristo. Puxo a man en min. Noteino. Era algo físico», lembra Dylan. Como me pareceu que lle revelaba o encarapuchado da dereita ao rapaz marabillado: «Esa aparición, ese contacto, transformou a alma de Bob». Os discos de Dylan son mellores dende aquela revelación no deserto de Arizona e se converteu ao catolicismo. No ano seguinte,  o seu espírito reforzado pola fe deu o álbum  Slow train coming.

Photo: Semaine Sainte á Seville. Brässai