
O DEBATE MAIOR da cultura galega non é a curva de Angrois nin a desolación preferentista, nin sequera o pánico editorial ou a soedade dos teatros. Non, a cuestión que late nos nosos mellores cerebros é se un sabio coas mans manchadas de franquismo é digno das Letras Galegas. Como cronista, eu non son estrano a ese misterio redentor. Por iso, non vou culpar ao país. Nin sequera a esa irrelevante porción de país á quen importa o asunto.
Cada cultura ten as súas teimas. Hainas máis permisivas ca outras. Charles Baudelaire...
[Lire la suite]