Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 mai 2015

SOMBREIRO

 

GAYE

 

Hai unha canción de Marvin Gaye cun concepto aleatorio de fogar: Onde queira que deixe o sombreiro é a miña casa. Cando un é novo, guapo e triunfa nas listas de música popular dos Estados Unidos pode permitirse identificar o fogar como un espazo provisorio no que manter relacións esporádicas. Marvin Gaye escribiu a letra sentado sobre esa éxtase. Conta como abandona unha rapaza confesándolle que é «esa clase de home que vive sempre dun lado para outro». Unha casa é un lugar ao que volver, un espazo no que sabemos que a desgraza queda portas afora, onde ninguén nos pode comer, como dicimos canibalmente ao xogar o parchís. No mundo andamos en certo modo como esas fichas de cores: percorrendo un taboeiro con temor a que a vida nos asalte, ansiando chegar á casa, ao doce refuxio. Varios anos despois de escribir a canción, Marvin Gaye deixaba sempre o ssombreiro onda Tammy Tyrell. Ela foi un amor belo por fugaz. Morreulle nos brazos sobre un escenario. O último día de Gaye tamén levou un selo cruel. Era abril e estaba na casa, celebrando o aniversario co pai. Discutiron e o home que lle dera un refuxio na infancia acabou asasinándoo. A morte déixanos sen fogar.

Photo: Melvin Franklin, Marvin Gaye, Richard Street, Jackie & Jermaine Jackson

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité