Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 mai 2015

CAFÉ E TABACO CON CHICHO SÁNCHEZ FERLOSIO

 

1950_Gran_Vía_vision_nocturna

O meu pai sabía que Rimbaud mentira cando asumiu que "vivimos e morimos de xeito moi distinto a como soñaramos e sen compensación ningunha". O poeta francés morreu cunha perna amputaba, entre febres, esgotado pola disentería que lle provocou a súa obsesión por mimetizarse con 40.000 francos que aforrara nas colonias "privándose de todo, mesmo de café e tabaco, usando ano tras ano a mesma roupa de algodón", segundo lle leo a Henry Miller en El tiempo de los asesinos (Alianza), mentres traficaba con goma, plumas de avestruz, armas, café e, tamén, si, con escravos. O meu pai viviu 80 anos realizando cada dia, cando menos parcialmente, o soño que se propuxera mentres durmía. Nunca cedeu co café nin co tabaco. Van cinco anos que morreu, pero aínda o sábado souben que escribira letras con Chicho Sánchez Ferlosio. "Picantonas", dixéronme e iso supuxera porque o cantautor era lenimaoísta e o meu pai, liberal; cadráballes o antifranquismo, pero máis nada. Ferlosio colleu sona nos 60, nas loitas contra o sátrapa ferrolán. Supoño que se coñeceron antes porque o meu pai estivo estudando Físicas en Madrid nos anos 50. Estudou un ano de Químicas en Santiago e, cando asumiu que cansara dos bares, escolleu unha carreira que non dese a dotada USC para poder marchar a Madrid. Calculo que en 1949 ou no 1950 chegou a aquela pensión habitada de estudantes galegos, felices e ociosos; nesa orde. Debeu de rematar a carreira en 1954 ou 1955, pero aínda resistiu en Madrid ata o 1955 ou 1956 baixo a mentira ben contada de que debía repetir curso. Chicho naceu no 1940, polo que o encontro tivo que ser nese último ano, cando o cantante tería 15 ou 16 anos. As cifras cadran estranamente, aínda que responden ás miñas especulacións; pero as letras existen e están asinadas polo meu pai e máis por Chicho Sánchez Ferlosio. A combinación de apelidos é peculiar, pois procede do escritor falanxista Rafael Sánchez Mazas e da italiana Liliana Ferlosio. Amosáronlle eses escritos a Rafael Sánchez Ferlosio (nacido no 1927, sacaba dous anos ao meu pai) non as recoñeceu e atribuíllas a Chicho.

Foto: Gran Vía (Madrid, 1950)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité