Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 mai 2015

GRIPE

Le Salon de l'automobile au Grand-Palais - 7 au 23 décembre 1906 Le stand des Frères Renault

A palabra tempo foi máis usada na campaña. A presentación das diversas propostas que os seglares vimos de padecer foi prolongada, complexa e televisada, pero, sobre todo, estivo artellada pola contraposición vello-novo. Pareceu como cando espertas tras unha semana de gripe e unicamente pensas en quitar as sabas suadas para cambialas por un xogo con olor a recén pranchado. Tras remontar as crises da economía en xeral e da honradez política en particular, eleximos como receita electoral cambiar persoas gastadas. Os recén chegados transformaron a súa puberdade política en frescura e taparon a inexperiencia na xestión co disfraz enganoso da ilusión, como se a falta de oportunidades para perpretar o mal ou para cometer erros fose un valor. Os novos responsables teñen catro anos para aprender, o cursiño pagámolo todos a escote. As diferenzas entre a vella e a nova política non son a hixiene moral nin a orixinalidade de ideas; son diferenzas de tempo, de que o poder persuada a quen o posúe de que a hipocrisía acurta a distancia entre a esixencia cidadá e a solución axustada a presuposto. A nova política dará en vella co mero paso do tempo. Non é inocente que moitas casas consistoriais, como a de Lugo, estean dominadas por reloxos. Amosan aos gobernantes cando deben lavar as sabas antes de que lles fagan a cama.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité