
O MEU PAI foi un home afortunado. O pico anual da súa sorte chegaba no día de Reis, cando abría o sobre coa carta que lle escribira Melchor. Tras desdobrar o papel acendíanselle os ollos. Levantaba a cabeza e lía o texto en voz alta. «...y dile a tu mujer que no te riña tanto», remataba invariadamente a mensaxe de Melchor. O sorprendente é que a letra do rei de Oriente era igual de redonda, elegante e satisfeita ca do meu pai.
Kafka redactou en 1919 unha longa carta ao seu proxenitor para explicarlle as razóns polas que lle...
[Lire la suite]