jeudi 26 novembre 2015
UNHA POMBA CAGA SOBRE HOLLANDE
O ENTERRO DAS vítimas de Charlie Hebdo non podía acabar sen un detalle gracioso que respondese ao espírito da revista. Cando Hollande abrazaba ao médico e colaborador da publicación Patrick Pelloux, unha pomba deixou caer unha sustancia branca e áceda sobre o seu ombro. A defecación é escatolóxica, pero ten ese contrapunto de que proceda dunha ave pura e elevada coma unha pomba.A pasada fin de semana recuperei dous libros para tratar de comprender o inextricable: vingarse en 130 descoñecidos polas atrocidades que os... [Lire la suite]
dimanche 22 novembre 2015
A PERVIVENCIA DO MAIO DO 68 EN OURENSE

jeudi 12 novembre 2015
OITO MILLÓNS DE PIPAS NA TATE MODERN
Este sábado consagrei a tarde a manexar un nivel de raio láser dos que se usan na construción. Pretendía colocar equilibradamamente un cadro de Mark Rothko no recibidor da miña casa. O láser é unha arma eficaz para as firmas de subastas dende que o físico Giovanni Morelli inventou o método que leva o seu nome para detectar arte falsa, Análise Morelli. Permite, por exemplo, reparar en cores que non son contemporáneas ao cadro orixinal. Na entrada da miña vivenda colguei o espiritual Rothko, pero na sala optei pola frescura de... [Lire la suite]
jeudi 5 novembre 2015
A FILATELIA NAS NOVELAS DE ESPÍAS
NUNCA SENTÍN atracción por James Bond. Os ximnasios e as coctelerías non son lugares nos que me sinta cómodo. Por motivos ben diferentes en cada suposto. Estou lonxe de atender a cada nova película de 007. A última imaxe que teño da serie reúne a George Lazneby con Diana Rigg en 007 al servicio de Su Majestad. Volvín sobre o personaxe coas declaracións de Rigg, que propón que o espía libere algo da carga de feromona aria e sexa «negro ou lesbiana». Non sei como funcionaría na billeteira, pero narrativamente sería ben interesante... [Lire la suite]
mercredi 4 novembre 2015
O FROILANISMO É O NOVO SITUACIONISMO
A defensa da literatura máis ardorosa e mellor razoada escoiteilla a un político. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe presentaba en Lugo un libro da súa muller, Otilia Seijas. A autora escribira Viudas de vivos (Edicións do Castro) en clave de rosalianismo serodio para denunciar a soedade que padecían as señoras de señores con cargo público. Portomeñe era daquela responsable dun departamento que se chamaba Consellería de Cultura. Supoño que lles soa.
Na antesala da presentación, Vázquez Portomeñe parou saudar á prensa. Non é moi... [Lire la suite]