Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 janvier 2016

O ANO PRÓSPERO DE JESÚS PÉREZ VARELA

ovellasOráculo

Miguel Anxo Fernán Vello está na Semana Fantástica. A investigadora Teresa Seara presentou unha tese sobre a súa obra a uns días de ter gañado o Premio Afundación. Pero Fernán Vello ten a singular rutina de gañar cartos e prestixio coa poesía. O luns pasado, cando o Congreso dos Deputados se transformou no Avispeiro dos Balcáns, chameino para felicitalo porque fora elexido polo terzo provincial de Lugo. Teño moitas dúbidas de que sexa o mellor destino para un escritor. A oratoria parlamentaria española envilece o estilo literario por ser elemental nos contidos e inzada de anglicismos torpes na forma.

Entendo que Miguel Anxo aceptou que o único que os únicos que cambiaron o mundo cun libro foron Xesucristo —aínda que soamente o protagonizaba— e Karl Marx. Así que accedeu ao Bundestag de Guadalix de la Sierra que temos para mudar unha porción de mundo coa actividade lexislativa. Recomendaríalle ver a serie House of cards, co retranqueiro Kevin Spacey facendo de congresista norteamericano, para que reparase en que a política é un escenario inmutado polo que van pasando actores e actores, e no que soamente permanecen os encargados da tramoia. Supoño que, cando pase un tempo, sentirase como «un animal sin instinto», como define Sánchez Ferlosio aos escritores que senten o advento da res pública e as dieta parlamentaria.
Cando menos, en Madrid, o noso congresista alternará museos e concertos; aínda que se escandalizará como eu pola cesión do Real para Dido e Eneas, a hipster tale. Aínda non comprendín que vella débeda de sangue ten a estirpe do compositor Henry Purcell (1659- 1695), con Rafael Villalobos para que convirta á raíña de Cartago Dido nunha usuaria indiscriminada do termo cuqui e o heroe troiano Eneas nun rapaz que se pasea coa barba ao vento ridículo da bicicleta.
Unha vez sobreposto da impresión, houben de superar o temor que me impón Fernán Vello cando se trata de felicitalo. No Nadal de 2004, sendo Jesús Pérez Varela prefecto na Consellería de Cultura, ocorreouseme a humorada de felicitar coa mensaxe: «Que Pérez Varela nos traia un Ano Próspero». Ao director de Espiral Maior non lle fixo chiste e chamoume para explicarmo. A broma sería impertinente, pero non lle pertencía a ira. Mandara o mesmo texto a outros 49 escritores e editores.
Aínda así, telefoneino o día postelectoral para desexarlle ventura, pero un voceiro seu explicoume que estaba botando a sesta para recompoñer o corpo tras a longa noite de pedra das enquisas andorranas e israelitas. Agradecín a Fernán Vello o detalle de que vaia ao Congreso coa sesta durmida da casa. Todo un xesto da nova política. Disgustaríame que lle acontecese como a Camilo José Cela. Na toma de posesión como senador ergueuse no escano para manifestar: «Presidentes, senatrices y senadores. Me van a sobrar ocho minutos, que les regalo a ustedes». Sentou cruzou os brazos, apoiu a cabeza e botouse a durmir.
O tamén senador e sacerdote Lluís María Xirinacs espertouno dous anos máis tarde, mediada a lexislatura. «Estaba usted dormido, señor Cela». «No, mosén, estaba durmiendo. No es lo mismo, como no es lo mismo estar jodido que estar jodiendo».
O domingo acompañei o meu cativo, que estaba excitadísimo pola ilusión, ao cine para ver El despertar de la fuerza. O título deulle campo aberto para criticarme por administrar as dúas horas de proxección entre soneca e soneca. Sen pixama nin ouriñal.
O director, J. J. Abrams, cometeu a crueldade de encargar a Harrison Ford peguar tiros con 73 anos. O contrabadista fascinante da película de 1977 queda rebaixado a un animal sen instinto nesta. T. S. Elliot impúxonos a carga moral de que «a nosa responsabilidade empeza nos soños», pero, cada vez que espertaba, atopaba na pantalla un corredor longuísimo e padecía pensando no espazo de nave desperdiciado, co ben que o aproveitaría a miña muller para unha sala de estar.
Pero Star wars non é unha película sobre deseño de interiores, senón unha crónica de loita polo poder entre os malos e os aburridos. Kevin Spacey relaciona en House of cards as inmobiliarias coa política. «O teu valor é como o dun piso: non depende do contido, senón de onde esteas situado», afirma. Fernán Vello ten un contido valioso en talento e cultura, pero desconfío de que a política sexa ámbito para que a sociedade aproveite a súa capacidade.
Non dubido de que o noso deputado vai esforzarse, á diferenza do que fixo Cela. O escritor de Padrón horrorizouse ao comprobar que a actividade como senador entorpecíalle a sesta «de pijama, padrenuestro y orinal». O meu tío Santiago, que cargaba con 120 kilogramos de peso nun físico celiano, levaba a mesma rutina. O rezo éralle importante; de feito, tiña moitos amigos sacerdotes. O seu funeral provócame envexa porque foi oficiado en latín por once curas que cantaron o Kyrie eleison de xeito glorioso.Eu, a maiores, quero uns músicos interpretando a tambor e trompeta Música para o funeral da raíña Mary, de Henry Purcell,que soou en 1695, cando un séquito conducía o cadáver real á abadía de Westminster.
Soamente teño dous atrancos. Non son carlista e firmemente crente como o meu tío, e non dou evitado lembrar que esa composición de Purcell acompaña as imaxes de A laranxa mecánica, de Stanley Kubrick, cando remata o asalto dos drugos á casa do escritor. Esa película fala do poder que xenera a violencia e da violencia coa que pode contestar o poder. Unha dialéctica terrible que debe coñecer todo candidato a gobernar. Mesmo nun plano simbólico.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité