dimanche 31 janvier 2016

AZNAR USA COLONIA DE VOCACIÓN ATLANTISTA?

HAI ANOS achegueime a uns metros do poder. Eu vexo o poder como o Duque de Saint Simon vía a Luís XIV, sobre que escribiu que «irradiaba a mesma maxestosidade coa súa bata de vestir que cando dirixía a súas tropas dacabalo do seu corcel». Como legado da súa grandeza deixou o Palacio de Versalles.Aproveitei unha visita de Aznar a Lugo para achegarme ao poder. O daquela presidente do Goberno español voou dende La Moncloa nun helicóptero, o Air Force One de Cuatro Vientos, para amosar maxestosidade. O aparello pousou nun dos outeiros... [Lire la suite]

dimanche 24 janvier 2016

CARA DE GRUPO PARLAMENTARIO PROPIO

Dositeo é o galego que aínda ten fe no país. Ben, non é o único. Tamén están Yolanda Díaz e os outros cinco deputados de En Marea. O día no que se constituíu o Congreso puxeron cara do grupo parlamentario propio que non lograran constituír. Posaron para unha cámara en diferentes lugares do hemiciclo. Estaban todos xuntiños cos ollos brillando de fascinación e coas carteiriñas marróns brillando de crema para coiro. Parecían estudantes da UNED Senior na apertura do curso, parecía que viñesen de coñecerse en persoa tras meses de... [Lire la suite]
dimanche 17 janvier 2016

O INFERNO NON EXISTE. PODES PECAR A ESGALLA

ESTES DÍAS frecuento literatura triste. O mes amenceu chuviñento. O ambiente era pouco propicio para ler Os sotos do Vaticano, a novela de André Gide sobre un dandi anarquista que asasina por estética, por molestar á burguesía. Cando menos, logrou que o escritor Paul Claudel, que viña de converterse emocionadamente ao catolicismo, deixase de consideralo amigo.Optei por algo máis solemne: Epístola aos colonenses, de San Paulo. Ese texto ten un carácter admonitorio que me lembrou o artigo que enviou Francisco Rodríguez aos seus... [Lire la suite]
dimanche 10 janvier 2016

AS TROMPETAS DE XERICÓ ATROAN

Lemmy Kilmister era un hombre elegante. Aínda que debamos considerar a elegancia nos parámetros de estética negra, patilleira e encoirada do heavy metal. Pero era innegablemente elegante, malia a súa a súa estética querente do nazismo. A morte do líder de Motörhead comezoulle en xullo, cando baixou do escenario do festival Resurrection Fest de Viveiro e acabou o seu traballo o sábado da semana pasada. Faleceu aos 74 anos como consecuencia dun cancro que o comiscou de xeito tan brutal e veloz como a súa música que se lle presentara,... [Lire la suite]
dimanche 3 janvier 2016

O ANO PRÓSPERO DE JESÚS PÉREZ VARELA

Miguel Anxo Fernán Vello está na Semana Fantástica. A investigadora Teresa Seara presentou unha tese sobre a súa obra a uns días de ter gañado o Premio Afundación. Pero Fernán Vello ten a singular rutina de gañar cartos e prestixio coa poesía. O luns pasado, cando o Congreso dos Deputados se transformou no Avispeiro dos Balcáns, chameino para felicitalo porque fora elexido polo terzo provincial de Lugo. Teño moitas dúbidas de que sexa o mellor destino para un escritor. A oratoria parlamentaria española envilece o estilo literario... [Lire la suite]