dimanche 21 février 2016
O AMOR DESTROZARANOS OUTRA VEZ
O COMENTARIO xurdiu xantando cocido o Luns de Carnaval. Alguén, sentado a un extremo da mesa longa comentou a Cuaresma de antes, cando todo pracer quedaba afeado pola convicción de que Cristo morrería necesariamente. No outro lado, houbo quen lembrou un cura de Ribadeo. Baixou a voz, inclinouse sobre a mesa e revelou: «Don Enrique era camareiro secreto do Papa». Despois incorporouse xocosamente para cantar un ferrete que compuxera algún malicioso local no convencemento de que Don Enrique lograra a dignidade «pola graza de Franco».... [Lire la suite]